Saturday 04 de May de 2024

López Abella destaca o traballo das redeiras galegas coma patrimonio cultural da Galicia mariñeira


A secretaria xeral da Igualdade asistiu hoxe á Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Redeiras Artesas “O Peirao”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o gran traballo que levan a cabo as redeiras galegas coma parte do patrimonio cultural da Galicia mariñeira.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella asistiu á Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Redeiras Artesas “O Peirao”, onde resaltou que estas mulleres son pioneiras en Galicia da incorporación da muller ao mundo laboral.

A Federación Galega de Redeiras Artesás “ O Peirao” é a entidade de referencia en Galicia na representación dos intereses deste colectivo en Galicia, agrupadas na Federación a través de nove asociacións profesionais de redeiras: a Asociación de Redeiras de Cabo Burela, de Cedeira, de Lorbé, “El Fieital” de Malpica, Illa da Estrela de Corme, “Maruxía” de Cambados, “O Cerco” de Cangas, “Atalaia” de Baixo Miño e Beiramar de Portonovo.

López Abella destacou que o traballo das redeiras en Galicia está marcado por ser unha profesión de gran tradición na que prima a artesanía e o xénero feminino e felicitou á Federación polo traballo en defensa dos intereses das redeiras profesionais de Galicia, na procura de divulgar o traballo artesanal que realizan, combater o intrusismo, fomentar a prevención de riscos laborais, formar e informar ás asociadas, ademais de realizar actividades de diversificación económica.

Así, incidiu que xornadas coma a de hoxe supoñen o intercambio de experiencias, o fomento da colaboración entre asociaciones, dar a coñecer e poner en común as experiencias e así analizar os resultados conseguidos e os que faltan por conseguir.